19/06/2026
O xoves 18/06 o alumnado de 1, 2 e 3 da Eso, tiveron a oportunidade de coñecer e practicar a Esgrima como deporte olímpico que è. A actividade foi organizada polo departamento de EF e impartida polo entrenador Xosė Piñeiro do club Esgrima Compostela, en Santiago.
19/06/2026
🌞🏖️ Hoxe despedimos o curso 2025-2026 da mellor maneira posible! 🎉
O alumnado de Educación Secundaria gozou dunha xornada de convivencia e lecer no 🌳🚣♀️. De 10:00 a 12:00 participaron en actividades ao aire libre, e a partir das 12:00 refrescáronse nas piscinas 🏊♂️ e divertíronse na alfombra máxica 😄💦.
Esta actividade enmárcase dentro do programa PIE de Reforzo da Inclusión Educativa e Mellora da Convivencia, dúas modalidades que o noso centro desenvolveu durante este curso para seguir construíndo unha escola máis inclusiva, participativa e respectuosa 🤝❤️.
Queremos agradecer ao alumnado o seu esforzo e implicación, ao profesorado o seu traballo e compromiso diario, e ás familias a súa confianza, colaboración e apoio ao longo de todo o curso 👏💙.
Grazas por facer posible un curso cheo de aprendizaxes, experiencias e bos momentos. Agora toca descansar, g***r do verán e volver con enerxías renovadas! ☀️📚✨
🌴😎 Feliz verán para todas e todos! 🌊🍉
17/06/2026
As profes do dpto. de Servizos á comunidade, Selene e Nahyr, xunto con Raquel, a directora, acaban de chegar a Italia para realizar un jobshadowing dentro do programa Erasmus+. Comparten experiencias con outras dúas profesoras granadinas. Na primeira xornada, visitaron un centro ocupacional que desenvolve as súas actividades en plena natureza. Resultou unha experiencia moi enriquecedora. +
12/06/2026
O alumnado de 2° ESO tivo unhas sesións de pádel onde coñeceron e disfrutaron deste deporte. Grazas a por a organización das pistas, o material e os monitores! E grazas al departamento de EF por esta iniciativa! Repetiremos seguro!
12/06/2026
O Daviña brilla no acto de recoñecemento ós Mellores Expedientes de FP de Galicia (Programa “A Ponte” da USC). Flavia, Lucía, Noé e Thais do ciclo de Educación Infantil foron os galardoados con este recoñecemento ó esforzo, á dedicación e á excelencia este pasado día 10 nunha cerimonia celebrada na Facultade de Veterinaria de Lugo. Parabéns aos premiados e premiadas por representar tan ben os valores da Formación Profesional e do noso centro.
04/06/2026
O alumnado de 1° de bacharelato participou no Club de lectura centrado na figura de Begoña Caamaño. Nesta sesión, puxéronse na pel de Arturo, Xenebra, Morgana, Merlín ou Viviana, personaxes da obra, para analizar a visión feminina do mito artúrico que realiza a autora. Morgana é a gran protagonista desta novela, que enlaza directamente coa materia de Bretaña na literatura galega e con outros escritores galegos como Álvaro Cunqueiro.
03/06/2026
Despedimos ao noso auxiliar de conversa, Arshad Aziz Malik, que estuvo co noso alumnado este curso. Moitas grazas por a túa implicación! Bye Bye, Arshad!
03/06/2026
No marco do Proxecto Ríos, o alumnado de 1ESO realizou unha práctica de análise de auga doce. Estudaron as características organolépticas, o pH e a presenza de microorganismos en tres mostras diferentes de auga, entre elas unha do Río Cabe onde puideron observar a súa vida micróscopica
01/06/2026
Marabillosa a xornada do pasado martes en Fedellos () onde descubrimos, da man de Sabela, unha formación chea de ideas, creatividade e inspiración para levar ao noso día a día. Porque xogar é aprender, experimentar e descubrir o mundo. 🧩🌱
Grazas por compartir tantos recursos e experiencias! 💛