24/06/2026
🟥 Convocada Mesa Sectorial
Convocada mesa sectorial sobre a redución de 'ratios' en secundaria, materias afíns e currículos de FP.
Orde do día:
- Redución do número de alumnado nas aulas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/06/20260624-ADDENDA-rateo-ESO-e-Bach.pdf)
- Documentación sobre afinidades
- Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de grao básico na Comunidade Autónoma de Galicia (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/06/20260624-Proxecto_Orden_Curriculos_-GB.pdf)
- Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de grao medio na Comunidade Autónoma de Galicia (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/06/20260624-Proxecto_Orden_Curriculos_-GM.pdf)
- Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/06/20260624-Proxecto_Orden_Curriculos_-GS.pdf)
- Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos títulos de especialista e de máster de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/06/20260624-Proxecto_Orden_Curriculos_-CE.pdf)
🗓 Martes, 30 de xuño
📨 Envía as túas achegas a [email protected]
🌐 web (https://ccooensino.gal/convocada-mesa-sectorial-sobre-reducion-de-ratios-en-secundaria-e-curriculos-de-fp/)
23/06/2026
🟥 Instrucións para o curso académico 2026/27 en infantil, primaria, secundaria e bacharelato no réxime ordinario
Dítanse instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.
A resolución aplícase aos centros sostidos con fondos públicos onde se imparten estas ensinanzas.
👇 No DOG
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0761-110626-0003_gl.html
22/06/2026
⏳ 19 anos agardando un Estatuto do PDI
Prazos? Que prazos?
A falta de vontade do Ministerio paralizou a negociación do Estatuto do Persoal Docente e Investigador.
Desde CCOO esiximos ao MICIU que cumpra a lei e reactive de inmediato unha negociación real. Non podemos seguir cun goteo de reunións sen avances mentres continúan pendentes dereitos fundamentais do PDI: carreira profesional, retribucións dignas, promoción transparente, conciliación, dereitos dixitais, saúde laboral e igualdade.
O Estatuto do PDI é imprescindible para combater a precariedade e garantir condicións laborais dignas nas universidades públicas.
📢 Se o Ministerio fai deixamento das súas obrigas, CCOO non imos ser cómplices co noso silencio.
🌐 web https://ccooensino.gal/19-anos-agardando-un-estatuto-do-persoal-docente-e-ou-investigador-universitario/
20/06/2026
🟥 Oposicións docentes 2026 - AVISO IMPORTANTE
Ante a información errónea facilitada por algún tribunal durante a presentación das oposicións, desde CCOO Ensino volvemos a deixar claro que presentarse ás oposicións XA NON É UN REQUISITO PARA MANTER O POSTO CONSOLIDADO NAS LISTAS DE SUBSTITUCIÓN.
Precisamente esa obrigatoriedade foi suprimida na última addenda asinada do "Acordo de persoal interino e substituto".
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260220/AnuncioG0761-120226-0001_gl.html
É máis, no propio portal de Oposicións aparece claramente a seguinte aclaración:
"Elimínase a obriga de que o persoal interino e substituto CONSOLIDADO nas listas teña que matricularse ou presentarse ás oposicións para manter a súa posición nas mesmas."
💡 Polo tanto SE CONSOLIDACHES POSTO podes: non inscribirte, ir só á presentación, ir só a parte das probas ou participar en todas e cada unha delas ata o final. TI DECIDES!
Lembra, en CCOO Ensino mantémonos á túa disposición ante calquera incidencia durante o desenvolvemento das Oposicións:
🆘 https://ccooensino.gal/contacto/
19/06/2026
🟥 Oposicións docentes 2026
Mañá é un día importante. Sabemos que detrás de cada persoa aspirante hai meses —e moitas veces anos— de esforzo, renuncias, estudo, nervios e ilusión.
Desde CCOO Ensino queremos enviarvos toda a forza e o noso mellor desexo para as probas. Oxalá poidades demostrar con tranquilidade todo o que preparastes e que o resultado faga xustiza ao voso traballo. Nós velaremos polo bo desenvolvemento das oposicións e estaremos dispoñibles para axudarvos ante calquera incidencia.
Tamén queremos trasladar o noso apoio aos compañeiros e compañeiras que formades parte dos tribunais, desexando que poidades desenvolver o voso labor con rigor, serenidade e nas mellores condicións posibles.
💡 Se durante o proceso tedes calquera problema, dúbida ou consulta, podedes contactar connosco a través das distintas opcións dispoñibles en:
🆘 https://ccooensino.gal/contacto/
Estamos aquí para acompañarvos e axudarvos no que precisedes.
☀️ Moito ánimo, confianza e adiante. Mañá tamén estaremos con vós!
19/06/2026
🟥ℹ️ Resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2026/27
🗓 Prazo de alegacións: do 22 ao 29 de xuño de 2026
‼️ Consultar o procedemento para as alegacións no seguinte enlace:
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50226
18/06/2026
🟥 Publicadas as solicitudes de non participación estimadas e desestimadas
🗓 Prazo de recurso de reposición: do 19 de xuño ata o 19 de xullo
👇 Na web da Consellería
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50202
18/06/2026
🟥 Convocado o CADP 2026/27
🗓 Prazo de solicitude: do 19 de xuño ao 10 de xullo, ambos incluídos
ℹ️ Participar no CADP é a única obriga do persoal interino para manter o posto na lista
📌 Datas previstas:
• Relación provisional de persoal obrigado a participar: 9 de xullo
• Relación definitiva de persoal obrigado a participar: 23 de xullo
• Adxudicación provisional: 24 de xullo
• Adxudicación definitiva: 3 de agosto
🔗 Resolución no DOG (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260618/AnuncioG0761-120626-0002_gl.html)