25/06/2026
Mañá volveremos vivir outra das tardes máis especiais do curso, esta vez no Ámbito Cultural do Corte Inglés.
Deixámosvos os cartaces xunto a algúns momentos do concerto do ano pasado.
Estamos desexando volver a ver os sorrisos, a emoción e o orgullo dos nosos alumnos compartindo os froitos do traballo feito ó longo do curso. 🥺
22/06/2026
Este xullo, descubre a música que levas dentro! ✨
19/06/2026
O tempo voa! Estamos ata o 30 na oficina para facer as inscricións para o vindeiro curso. ✨
17/06/2026
Onte vivimos unha tarde e noite incribles (e moi emocionantes) no Pub Momo 🥺✨
Dende as 17:30 e ata case chegadas as 23:30, os nosos alumnos encheron o escenario de talento, paixón e moita moita música.
Foi un verdadeiro orgullo ver como desfrutaron de cada nota e como compartiron con todos nós o seu esforzo.
En Allegro.T non podemos estar máis felices con resultado e co apoio de todo o público que estivo apoiando ó longo de toda a tarde. Seguiremos repetindo que sen todos vós, isto non sería posible. Sodes parte esencial deste camiño.
E moitas gracias ó Pub Momo Santiago por coidarnos así e darnos a posibilidade de vivir días como o de onte.
11/06/2026
Hoxe desfrutamos moito na Escola Infantil Municipal dos Tilos. Tivemos unha Sesión Musical coa cativada do centro e foi unha gran experiencia. 🤩
Moitas gracias á EIM dos Tilos, ANPA, educadoras e familias por abrirnos as portas e poder deixar así a nosa pegada musical.
09/06/2026
Fin de Curso Allegro.T, cheo de ilusión 🎶 🥺 Chega o primeiro peche do curso 25/26, neste caso no Pub Momo. Vémonos o vindeiro martes para vivir unha tarde de música e desfrute. Podedes buscar os vosos nomes nos cartaces que están nas escolas 🤩 E se deslizades ata a última imaxe, tendes un pequeno recordo do fin de curso pasado.
🧡
21/05/2026
LUNS 18 abrimos matrículas para novos alumnos. Reserva a túa praza!
Escolas ALLEGRO.T, para todas as idades.
Onde a motivación é todo. 💫
07/05/2026
Estamos a piques de abrir as matrículas! A partir do luns, aberto o período de reserva de praza para os nosos alumnos. A partir do luns 18, aberto tamén para a escolla de horario para novos alumnos. Esperámosvos!