17/03/2023
O vindeiro martes, 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down e con tal motivo a Federación Down Galicia (entidade que agrupa ás sete organizacións específicas para a síndrome de Down na nosa Comunidade Autónoma) lanzou a súa campaña "Non somos un estereotipo, somos moito máis" que podes ver a través da seguinte ligazón: https://youtu.be/wnxnjToWQOI .
Tamén podes sumarte a esta campaña en redes sociais o propio día 21 de marzo seguindo estas sinxelas instrucións: https://bit.ly/400xQaF
Recomendamos tamén a visualización da curta documental "Xeración Down" https://www.youtube.com/watch?v=UVIfS0YAKIw&feature=youtu.be que plasma todo o que significou para as familias a creación e o desenvolvemento do movemento Down en Galicia a todos os niveis. Sete rapaces e rapazas de todas as entidades que conforman Down Galicia e as súas familias explican mediante testemuños a súa evolución grazas aos apoios recibidos nas súas asociacións e por parte da Federación durante as últimas dúas décadas.
Así mesmo, consideramos moi interesante o vídeo divulgativo "Síndrome de Down. Guía rápida", no que se explica de xeito moi sinxelo e visual que é a síndrome de Down:
https://www.youtube.com/watch?v=wov5BIVmlXw
Por último, recomendamos tamén a "Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down" (https://downgalicia.org/wp-content/uploads/2018/11/Guia-de-estilo-Down-Galicia.pdf ) orientada a sensibilizar, positivizar e concienciar sobre a terminoloxía máis axeitada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, así como o vídeo "Como falar sen excluír nin discriminar" coa mesma finalidade: https://www.youtube.com/watch?v=vKQQ29YZyAk
Pedímosche que esta información nas diferentes redes sociais.
ENTRE TODAS E TODOS CONSEGUIREMOS ELIMINAR AS BARREIRAS EXISTENTES NA PROCURA DUNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA.
Como falar sen excluír nin discriminar - Síndrome de Down e discapacidade intelectual
07/03/2023
Despois de moitas complicacións, a Olimpíada xa está aquí e presenta dúas novidades substanciais incluso con respecto a última edición no ano 2021. En primeiro lugar o cambio de data: agora é do 24 de febreiro ao 24 de marzo e, en segundo lugar, o control das horas faise a través dun código QR que estará ao lado do cartel da Olimpíada nas entradas das bibliotecas.
Este ano estudarase por Ucraína: axuda humanitaria nas zonas afectadas polo conflito en Kyiv, Ivano-Frankovski e Zakarpattia. A ONG COOPERA leva máis de 20 anos traballando en Ucraína en proxectos de acollida internacional para nenas e nenos ucraínos orfos de familias desestruturadas. Coas horas de estudo axudarán ás vítimas da guerra, facilitando o acceso á vivenda, prestando atención psicolóxica aos cativos e familias en idade escolar, material de acollida, calefacción e medios de transporte escolar.
Ao longo da mañá irei pasando por todas as bibliotecas para achegarvos os carteis e os códigos QR.
Bibliotecas nas que podes participar:
Campus de Lugo
1. Biblioteca Intercentros
2. Formación do Profesorado
3. Veterinaria
Campus de Santiago
4. Biblioteca Concepción Arenal
5. Biblioteca Xeral
6. Bioloxía
7. Ciencias da Comunicación
8. Ciencias Económicas e Empresariais
9. Enfermaría
10. Escola Técnica Superior de Enxeñaría
11. Filoloxía
12. Filosofía
13. Física
14. Matemáticas
15. Medicina e Odontoloxía
16. Psicoloxía e Ciencias da Educación
17. Química
18. Xeografía e Historia
Moitas grazas pola vosa colaboración!
07/02/2023
Enxeñaría Sen Fronteiras convoca 3 bolsas para participar no Proxecto de Coñecemento da Realidade (entre xuño e setembro de 2023)
Das 3 bolsas, unha é con perfil específico para docentes de Secundaria de Galicia.
https://galicia.isf.es/blog/vente-con-esf-a-conecer-outras-realidades/
03/02/2023
AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) xa ten os nomes confirmados dxs relatorxs que conformarán o XIII Seminario de Comunicación Social, que levarán a cabo na Facultade de CC. da Comunicación da USC ou ben vía streaming todos os mércores, entre o 1 de marzo e o 10 de maio, de 16h a 20h. Actividade recoñecida con 2 créditos. Aberto o prazo de inscrición ata o 20 de febreiro
XIII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional | Agareso
XIII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional by comunicacion | Dec 19, 2022 | Actualidade | 0 comments Dez xornadas de debates, charlas e aprendizaxes sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social Unha formación para quen desexe mellorar as súa...
31/01/2023
PROVIVIENDA vai desenvolver unha nova actividade polas tardes (1 tarde) que comezará en febreiro. Trátase da preparación de competencias clave con persoas adultas e necesitan voluntarias/os para levala a cabo. Se estás interesada/o mándanos un correo-e a [email protected]
20/01/2023
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) pon en marcha o curso de Lingua de Signos en sete cidades de Galicia: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As datas son dende o 13 de febreiro ata o 24 de maio
A matrícula está aberta ata o 31 de xaneiro.
Podes ver toda a información na seguinte ligazón:
https://www.faxpg.es/curso-presencial-lse-a1-2023-es.html
⏳ ¡𝗧𝗼𝗱𝗮𝘃𝗶́𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮́𝘀 𝗮 𝘁𝗶𝗲𝗺𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗿𝗶𝗰𝘂𝗹𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗲𝗻 𝗻𝘂𝗲𝘀𝘁𝗿𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗟𝗲𝗻𝗴𝘂𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗶𝗴𝗻𝗼𝘀 𝗡𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗔𝟭!
Si quieres iniciar tu formación en LSE, esta es la oportunidad perfecta para aprender en contacto directo con nuestros/as Especialistas.
📍 En A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.
⏰ Disponibles en horario de mañana o tarde.
📝 Grupos reducidos.
Matrícula abierta hasta el 31 de enero. ¡No te quedes sin tu plaza!
Puedes ver toda la información en el siguiente enlace:
https://www.faxpg.es/curso-presencial-lse-a1-2023-es.html
--
⏳ 𝗔𝗶́𝗻𝗱𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮́𝘀 𝗮 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗿𝗶𝗰𝘂𝗹𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗟𝗶𝗻𝗴𝘂𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗶𝗴𝗻𝗼𝘀 𝗡𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗔𝟭!
Se queres iniciar a túa formación en LSE, esta é a oportunidade perfecta para aprender en contacto directo cos nosos/as Especialistas.
📍 Na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
⏰ Dispoñibles en horario de mañá ou tarde.
📝 Grupos reducidos.
Matrícula aberta ata o 31 de xaneiro. Non te quedes sen a túa praza!
Podes ver toda a información na seguinte ligazón:
https://www.faxpg.es/curso-presencial-lse-a1-2023-es.html
20/01/2023
A Asociación Andian Pro Saúde Mental buscan un persoa voluntaria para o Centro Especial de Emprego que teñen en Dodro, que está pasando Padrón en dirección a Ribeira
22/12/2022
Boa tarde,
A Asociación Andaina Pro Saúde Mental pon en marcha un novo programa: precisan incorporar homes ou mulleres para o entrenamento do equipo de fútbol.
Xa tedes unha desculpa para apuntarvos nesta actividade e facer deporte para baixar todo o doce que ides comer neste Nadal!!!!
Felices Festas!!
13/12/2022
Esta mañá o alumnado que participou no Proxecto Troya viu recompensado o seu esforzo con cadanseu diploma, cos parabéns dos docentes e do alumnado voluntario que participou como mentor, así como responsables empresariais participantes neste proxecto coa Asociación Síndrome de Down Lugo e a Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo.
Desde o Sepiu Usc tamén compartimos a vosa alegría e seguiremos apoiando todas as iniciativas encamiñadas a unha verdadeira .
Moitos parabéns Nazaret, Marta, Noelia, Laura, Marcos, Adrián, Claudia e Carlota!! A Sarai e a Fran e a todo o equipo da Asociación Down Lugo, grazas por acompañarnos durante todo o proceso. Un traballo verdadeiramente excelente!
Down Galicia
Troya, un proxecto de apoio e formación para o emprego | Universidade de Santiago de Compostela
A Facultade de ADE e a Asociación Síndrome de Down Lugo clausuran un programa de aprendizaxe e servizo desenvolvido xunto coa Deputación e o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, a través do que persoas con discapacidade intelectual adquiriron competencias e habilidades ...
02/12/2022
Trazando Solidariedade, 15 anos en rede
Rede Lucense Voluntariado Rede Museística Provincial de Lugo
❤️ Rede Lucense Voluntariado
Aliad-Ultreia · Auxilia Delegacion Lugo · Aspnais Lugo · Ateibo Centro Xuvenil · Alume Saúde Mental· Asociación Española Contra el Cáncer Lugo · Capaces Lugo · Cáritas Lugo · Federación Cogami Lugo · Down Galicia · · Fundación JuanSoñador · Infancia Fundacion JuanSoñador Galicia · FSG Galicia · Raiolas Lugo · Sepiu Usc ·
A USC lembra coa Rede Lucense de Voluntariado os 15 anos desta entidade social cunha mostra no Museo Provincial | Universidade de Santiago de Compostela
A exposición aberta á participación cidadá ‘Trazando solidariedade, 15 anos de traballo en rede’, inaugurada este venres co gallo do Día Internacional do Voluntariado, permanecerá aberta ao público ata finais de xaneiro
01/12/2022
VIgalicia (Vida Independente de Galicia), é unha asociación coa que levamos colaborando hai moito tempo dende a súa xestación (2010). Está composta e xestionada por persoas con diversidade funcional que loitan polos seus dereitos cuxo obxectivo primordial é promover a vida independente e o control sobre as súas vidas.
O sábado, 10 de decembro, ás 18:00 h. no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16) van presentar o documental "Quererla es crearla", dirixido por Cecilia Barriga. Despois da película haberá un pequeno coloquio moderado por Juan José Maraña, no que participarán Cuca da Silva, Manuel Armas e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación, Iris Estévez Blanco.
Quererla es crearla, é un documental acerca dun dereito, unha necesidade, un desexo, un compromiso político e unha posibilidade: facer que nas escolas todas as persoas podan aprender a vivir xuntas. Construír sociedades inclusivas require desmontar os prexuízos que temos sobre a diversidade e as diferenzas, para o que se necesita revisar as escolas nas que parte do alumnado no cabe, é maltratado e segregado, mentres o resto aprende a ver a discriminación como algo correcto e desexable.
A película reflexiona sobre esta realidade a través de diversas historias que se entrecruzan na defensa do dereito á educación inclusiva. Arrinca con caso de Rubén Calleja, que foi expulsado da súa escola de primaria e obrigado a ser escolarizado nun centro de educación especial, algo que a súa familia se negou a acatar. Tras anos de loita legal, Rubén obtén o respaldo de Nacións Unidas, cunha sentenza pioneira en contra do sistema educativo español. A educación inclusiva é un dereito fundamental, que habilita a posibilidade de participar no mundo.
Día: 10 de decembro
Hora: 18:00
Lugar: Centro Sociocultural O Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado, 16
Documentar un movimiento - Educación inclusiva. Quererla es crearla
Exigimos una planificación coherente a corto, medio y largo plazo, acompañada de una inversión sostenida y suficiente para generar las capacidades adecuadas en el sistema y en los docentes de todas las etapas educativas. Esta planificación e inversión permitirá crear y construir culturas, pol....