Actividade teatralizada:
No CEIP Corvillón de Cambados, as nenas e nenos convertéronse en protagonistas do coidado do territorio galego.
A través dun obradoiro teatralizado e participativo, o alumnado descubriu, xogando, a importancia da paisaxe e do seu contorno máis próximo. Da man das inspectoras urbanísticas da APLU e a compañía Trinke trinke reflexionaron sobre como as nosas accións inflúen no territorio e sobre o papel que todas e todos podemos desempeñar na súa protección.
“Eu son Inspect@r Urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu” é moito máis ca unha actividade educativa: é un convite a coñecer, valorar e coidar o territorio do que formamos parte.
.xunta
ProxectoTERRA
Un proxecto de cooperación do mundo da educación na procura de mellorar o noso coñecemento e sentido crítico e propositivo sobre os lugares que habitamos.
Unha inciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Un proxecto de cooperación co mundo da educación na procura de mellorar o noso coñecemento e sentido crítico&propositivo sobre os lugares que habitamos.
12/06/2026
Compartimos algunhas imaxes do curso O lugar onde vivimos. O ProxectoTerra en Infantil e Primaria, celebrado os días 20, 21 e 22 de maio no CAFI de Santiago de Compostela.
A actividade formativa estivo centrada nos materiais didácticos elaborados por ProxectoTerra para Educación Infantil e Primaria, explorando as súas posibilidades para traballar a percepción da contorna, a paisaxe, o territorio e a identidade desde as primeiras etapas educativas.
Ao longo das sesións abordáronse propostas adaptadas aos diferentes niveis educativos, desde as vivencias ligadas aos espazos máis próximos ata a comprensión das relacións entre as persoas e o territorio. O curso combinou contidos teóricos, análise de materiais e actividades prácticas orientadas á súa aplicación na aula.
Unha proposta formativa que busca facilitar recursos e metodoloxías para incorporar a educación territorial ao currículo, promovendo no alumnado unha maior comprensión e valoración do lugar onde vive.
Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese, implicación e contribución ao intercambio de experiencias durante estas xornadas.
.xunta
Intercambio territorial na Costa da Morte
O alumnado do IES Camilo José Cela (Padrón) e do IES Félix Muriel (Rianxo) e o IES de Ames (Ames) participou, dentro do ProxectoTerra, nun intercambio territorial pola Costa da Morte para descubrir a súa paisaxe, o seu patrimonio e a relación entre as actividades humanas e o medio natural.
Durante a primeira xornada realizaron un roteiro entre Santa Mariña e o Faro de Cabo Vilán, percorrendo espazos como a Duna de Monte Branco, a Praia do Trece e o Cemiterio dos Ingleses, onde coñeceron a formación da paisaxe costeira, a historia dos naufraxios e a identidade deste territorio. A continuación visitaron o Faro de Cabo Vilán, reflexionando sobre a relación entre as actividades económicas actuais e a paisaxe. A xornada completouse coa visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro, fundamentais para comprender a historia máis antiga da comarca.
No segundo día visitaron o miradoiro de Santo Hadrián, o Ecomuseo O Forno do Forte, onde descubriron e participaron da tradición oleira de Buño, e o estaleiro O Baladiño, exemplo da carpintería de ribeira tradicional. A actividade rematou cun roteiro pola ría de Corme e Laxe para analizar a súa formación, os seus ecosistemas, as actividades marisqueiras e a relación dos asentamentos humanos coa paisaxe litoral.
Unha experiencia para aprender a interpretar o territorio e descubrir a riqueza natural, cultural e patrimonial da Costa da Morte.
Moi agradecidas aos Concello de Vimianzo e ao Concello de Malpica de Bergantiños pola súa colaboración e apoio loxístico.
Visita Guiada Arquitectura e Cidade a Ferrol
O alumnado do CEIP de Cervo (Cervo) e do CEIP Rosalía de Castro (Lugo) participou, dentro do ProxectoTerra, nunha visita guiada a Ferrol para descubrir a cidade a través da súa arquitectura, da súa historia e da súa relación co mar.
Ao longo da xornada visitaron o barrio da Magdalena e o Ferrol Vello, coñecendo a evolución urbana da cidade e a importancia da construción naval en Ferrol coa visita á Exposición Nacional da Construción Naval.
A actividade continuou en Mugardos, onde visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval, un xacemento que permite coñecer a pegada da antiga ocupación romana na ría e achegarse á vida cotiá da época. Posteriormente realizaron unha travesía en barco pola ría ata o porto exterior e o castelo de San Felipe, descubrindo o patrimonio militar e á paisaxe marítima da contorna.
Unha experiencia para aprender a interpretar o territorio, comprender a evolución das cidades e descubrir a relación entre patrimonio, arquitectura e paisaxe.
05/05/2026
Curso de formación do profesorado.
Os días 24 e 25 de abril celebrouse no CFR da Coruña o curso PAGUS. Paisaxes e Cartografías, dentro do ProxectoTerra .
A actividade formativa estivo centrada no uso dos materiais de paisaxe na aula, na súa adaptación aos novos currículos da ESO e do Bacharelato e na incorporación de ferramentas, tanto analóxicas como dixitais, á práctica docente.
Ao longo das sesións abordouse a paisaxe como obxecto de ensino desde unha perspectiva multidimensional, introducindo a cartografía como ferramenta de análise e representación do territorio. O curso combinou contidos teóricos con aplicacións prácticas, incluíndo o traballo con sistemas de información xeográfica (QGIS)
Unha proposta orientada a reforzar o papel da paisaxe na educación e a facilitar recursos e metodoloxías para a súa integración na aula.
"Visita guiada á cidade de Santiago de Compostela co alumnado do CEIP Labarta Pose de Zas"
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Dirección
Praza Da Quintana, 1. 2º
Santiago De Compostela
15704