21/06/2026
🚀 Apunta: o VI Congreso INNOVATIA 8.3, epicentro do emprendemento feminino e a innovación, chega a Santiago
O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade deXeografía e Historia, é o lugar elixido nesta sexta edición
📅 Cando? O vindeiro 6 de xullo de 2026.
📍 Onde? Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostelauniversidade_usc , Santiago de Compostela.
Este evento reunirá a representantes institucionais, profesionais do ámbito académico, emprendedoras e axentes clave do ecosistema de innovación. Un espazo único para compartir, aprender e visibilizar o talento feminino.
💡 Que atoparás no programa?
Baixo o eixe da transferencia de coñecemento e o xénero, o congreso ofrece unha xornada completísima:
✅Inauguración institucional, coa participación de destacadas autoridades.
✅15 anos de innovatia8.3 : Unha sesión especial para analizar o camiño percorrido, os avances logrados e os retos de futuro do programa.
✅Casos de éxito e accións: Unha mesa dedicada a compartir experiencias reais en misións comerciais, redes de apoio e colaboración institucional.
✅Premios V Concurso INNOVATIA 8.3: Recoñecemento aos mellores proxectos empresariais nas categorías de base tecnolóxica, startup e impacto social.
✅Networking informal: O broche de ouro para intercambiar ideas, tecer redes e crear novas oportunidades de colaboración.
📝 Inscrición de balde
A asistencia ao congreso é totalmente gratuíta, pero as prazas son limitadas. Non esquezas reservar o teu sitio!
⚠️ Data límite de inscrición: Ata o 2 de xullo de 2026.
🔗 Inscríbete xa a través do formulario oficial https://innovatia83.es/novedades/inscripcion_congreso_innovatia83_2026
¡Apúntate a seguir impulsando xuntas a ciencia, a tecnoloxía e o emprendemento con perspectiva de xénero! 💜
20/06/2026
🚀 Queremos informarte que chega a X edición dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off! 🚀
Estamos seguros que o talento e a innovación que nacen nas nosas son o motor do futuro de . Por iso, un ano máis, estes premios buscan recoñecer e poñer en valor as mellores iniciativas empresariais e científicas do noso país.
👉Se tes unha spin-off ou un proxecto de investigación vinculado á universidade, esta é a túa oportunidade para gañar visibilidade e o recoñecemento que mereces. 🌟
🗓️ Tes ata o 31 de xullo de 2026 para presentar a túa candidatura.
Non o deixes pasar! Consulta as bases completas en �https://www.gciencia.com/wp-content/uploads/2026/05/bases_premiosgciencia_2026.pdf
✍e se queres inscribirte nas categorías
Idea Emerxente e Grupo de Investigación podes enviar a túa candidatura á
dirección de correo electrónico [email protected]
17/06/2026
A Universidade de Santiago de Compostela impulsa o futuro con 150.000 € para transferencia! 🚀💡
A través da Avte USC , vén de resolver dúas das súas convocatorias clave para transformar a ciencia e o coñecemento en solucións reais para a sociedade. En total, outorgáronse150.000 euros para acelerar oito novos proxectos de vangarda.
Onde se vai investir este impulso? 👇
🧬 Ciencia e Tecnoloxía (Acelerador de Transferencia): 75.000 € destinados a tres proxectos de alto contido innovador en biomedicina e tecnoloxía.
🥇 CHRONOPRECISSION
🥈 CMC
🥉 VPPREFRACTARIO
🌍 Valor Social e Humanístico (Estímulo á Transferencia): Outros 75.000 € para cinco propostas de Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas.
🥇 PROVULNER-AXUDA
🥈 ComPas
🥉 MICRO-PLA, MODA-SOC e PRATO-DECIDE
Parabéns a todos os equipos galardoados! 👏 O coñecemento da nosa universidade transfórmase en futuro.
🔗 Tes toda a información na nosa web https://www.usc.gal/gl/servizos/area/valorizacion-transferencia-emprendemento/valorizacion-transferencia/acelerador-transferencia
hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag
16/06/2026
A empresa compostelana Mestrelab Research S.L. acaba de presentar en o seu último gran fito: SCI-DATA 🚀, unha plataforma tecnolóxica revolucionaria deseñada para poñer orde nos laboratorios.
👏O resultado?
⏱️ Máis velocidade: Reduce drasticamente os tempos para desenvolver novos tratamentos médicos.
🤝 Máis colaboración: Permite que científicos de todo o mundo compartan e reutilicen a información de xeito eficiente.
📈 Máis precisión: Optimiza o análise grazas ao Big Data científico.
Dende o seu centro de investigación CIM en , Mestrelab Research S.L. volve demostrar que en hai talento de vangarda capaz de liderar a dixitalización científica a nivel global. Orgullo total! 👏💙
👉 Tes toda a información e os detalles deste proxectazo a través de El Correo Gallegoo 📰👇https://www.elcorreogallego.es/economia/2026/06/11/compostelana-mestrelab-research-impulsa-gestion-131301178.html
10/06/2026
👏👏Moi boas noticias para o ecosistema de innovación, ciencia e emprendemento en Galicia.
📌Biopolo Sionlla (Santiago de Compostela) xa conta coas súas dúas primeiras spin-off da Universidade de Santiago de Compostela en pleno funcionamento.
Este fito supón un paso xigante para:
✔Transferir o coñecemento directo das aulas e laboratorios ao mercado.
✔Reter o talento investigador da nosa terra.
✔Consolidar a Santiago como un referente biotecnolóxico a nivel internacional.
Dá gusto ver como a ciencia galega se transforma en tecido empresarial e en solucións reais para a sociedade.
Parabéns a todos os equipos implicados por facelo posible! 👏
👉 Podes ler a nova completa en El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/06/01/o-biopolo-sionlla-xa-ten-130893246.html
O Biopolo Sionlla xa ten en funcionamento as dúas primeiras spin-off da USC
I-Grape e Neutron Insights, xurdidas da incubadora universitaria Bioincubatech, xa desenvolven a súa actividade no centro biotecnolóxico á espera de novas incorporacións
09/06/2026
¡Seguimos sumando e aprendendo na Universidade de Santiago de Compostela! 🚀
Hoxe continúa o programa de formación nunha nova xornada de traballo intenso en na que os finalistas reciben as claves para a defensa dos seus proxectos.
Cando hai ganas de aprender e mellorar, non hai meta que se resista.
💡 A final está cerca
Seguimos voando alto! 🦅✨
08/06/2026
Chega unha nova xornada do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO da Universidade de Vigo - Área de Emprego e Emprendemento
💡Un espazo idóneo donde a nosa compañeira da Universidade de Santiago de Compostela Eva López imparte unha sesión formativa e modera unha mesa redonda para compartir experiencias, desafíos e leccións aprendidas na creación de spin-offs e fomentar a cultura da innovación en alianza coa administración pública.
📝 PROGRAMA DA XORNADA:
⏰ 10:00 h. Apertura
⏰ 10:15 h. Programa Woman Emprende
🗣️ Sesión formativa impartida por Eva López Barrio (Responsable do programa woman emprende da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinadora do proxecto innovatia8.3
⏰ 11:00 h. Descanso ☕
⏰ 11:30 h. Presentación de spin-offs
⏰ 12:30 h. Mesa Redonda: Casos de éxito na creación de spin-offs
Análise de experiencias, desafíos e leccións no camiño empresarial con grandes profesionais:
👤 Pablo Cabanelas, CEO de N E U T R O N Insights
👤 Daniel García, CEO e Cofundador de energHius
👤 Juliana Cruz, CEO e Cofundadora de Biosolve4all e de NiTNITTextile.
Non perdas esta oportunidade de conectar e impulsar o teu proxecto! 🙌✨
30/05/2026
🧵 ¡ESTAMOS EN DIRECTO! Obradoiro de Felpado ou Gorullo 🌸
¡Xa arrancamos! Se estás pola Praza Maior de Lugo, non perdas a oportunidade de achegarte agora mesmo á 5ª Feira de Primavera de Emprendedoras.
Aínda estás a tempo de unirte ao noso obradoiro de artesanía: "Aprende a tecer coa técnica de felpado ou gorullo". Unha ocasión perfecta para conectar coa nosa tradición de xeito creativo ✨.
🎨 Impartido por: Miriam Fernández, historiadora da arte e artesá en Fusaiola.
⏰ Horario: De 15:30 a 18:30h (¡estamos nel!).
📍 Lugar: Praza Maior de Lugo.
💰 Prezo: ¡Anímate e participa de balde!
Non o penses máis, achégate a pasar un rato estupendo e aprende unha técnica única. ¡Agardámoste! 🧶👇
🏷️
30/05/2026
🚀 ¡Acaba de inaugurarse a 5ª Feira de Primavera de Empendedoras!
📢Hoxe o talento feminino e a innovación teñen unha cita imprescindible.
, vicerreitor de Coordinación do , , Secretario Xeral de universidades da Xunta de Galicia, Miguel Fernández Méndez, da Deputación de Lugo e , alcaldesa do Concello de Lugo dan o pistoletazo de saída á 5ª Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano pon o foco na "Artesanía Innovadora no Rural".
Un espazo único para visibilizar, apoiar e conectar con proxectos liderados por mulleres que están a transformar o noso rural a través da creatividade e o emprendemento.
📍 Onde e que vas atopar?
Artesanía con alma: Proxectos que fusionan tradición e vangarda na Praza Maior
📌Rede e comunidade: O mellor escaparate do talento local e rural.
Alianzas que suman: Un evento impulsado polo Campus Terra USC da Universidade de Santiago de Compostela , o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, entre outras entidades colaboradoras.
Se estás preto, non perdas a oportunidade de achegarte, coñecer as súas historias e apoiar o comercio local e sostible. ¡O futuro do rural está máis vivo que nunca! 🙌✨