23/06/2026
📢 AVISO IMPORTANTE! Próxima convocatoria de axudas escolares en Santiago de Compostela
O Concello aprobou o orzamento de 1.150.000 € para as bolsas do curso 2026-2027.
Que financiarán estas axudas?
🍽️ Comedor escolar
📚 Material escolar
⚽ Actividades extraescolares
⚠️ Atención: O prazo de solicitude aínda NON está aberto. Actualmente aprobáronse as bases reguladoras, que se publicarán proximamente no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
17/06/2026
🖌️ O mural de 6º xa é unha realidade e o resultado é espectacular!
Bastaron dous días de traballo en equipo, risas e botes de pintura para que os nosos xornalistas e artistas de 6º de Primaria rematasen a súa obra de despedida. Encher de cor e comunicación o muro do cole foi unha experiencia incrible que non van esquecer. ¡O patio quedou guapísimo! 🤩
Moitas grazas á Mutantes creativos Mutante Creativo que os guiou nesta aventura organizada pola ANPA e ao apoio da Deputación da Coruña (Cultura da Deputación da Coruña)por financiar este bonito recordo.
¡Botádelle un ollo ás fotos! 👀
16/06/2026
📌 RECORDA: Aberto o prazo de inscrición de extraescolares!
Familias, o primeiro prazo de matriculación xa está activo dende hoxe, 16 de xuño ás 09:00 h, e pechará o vindeiro 30 de xuño ás 23:59 h.
📋 Requisito para participar:
No formulario deberedes indicar se ides optar por ser socias da ANPA ou se preferides aboar a taxa de matrícula anual correspondente.
🔗 Onde tramitalo?
Tendes a ligazón directa de inscrición e o acceso á web da ANPA coas instrucións detalladas na nosa bio.
15/06/2026
🎨 Unha pegada de xornalismo e arte para despedir 6º de Primaria! 📰✍️
Como xa é tradición, o alumnado de 6º despediuse do colexio antes de dar o salto á Secundaria deixando un recordo inesquecible: un mural deseñado e pintado por eles mesmos cunha artista profesional.
Nesta edición, a temática central foi o xornalismo e a importancia da comunicación. Os rapaces e rapazas participaron en todo o proceso:
💡 Propoñendo ideas.
✏️ Creando os bosquexos.
🖌️ Pintando o muro do recinto.
Unha actividade xenial que, ademais de embelecer o espazo, reforzou o traballo en equipo e o seu coñecemento sobre os medios de comunicación.
Actividade organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña. Grazas Cultura da Deputación da Coruña
10/06/2026
🗓️ Actividades Extraescolares 2026-2027
Xa podes consultar a oferta de actividades para o vindeiro curso! 🎒✨
Información importante sobre as inscricións:
⏳ Primeiro prazo: Aberto desde o 16 de xuño ás 9:00 horas ata o 30 de xuño ás 23:59 horas.
📩 Instrucións: Antes do 16 de xuño enviaranse as indicacións de inscrición e os detalles de cada actividade.
Non o deixedes pasar! 🚀
08/06/2026
🏝️️ Excursión á Illa de Sálvora (1º e 2º de Primaria)
O alumnado de 1º e 2º de Primaria vivirá unha experiencia educativa única nun dos espazos naturais máis singulares do noso litoral! Esta saída pon en valor o patrimonio marítimo e ecolóxico de Galicia de xeito vivencial. 🌊🦅
A visita inclúe:
🌿 Interpretación da paisaxe: Identificación de elementos xeolóxicos, especies vexetais e fauna característica das illas atlánticas para comprender os ecosistemas litorais.
♻️ Sensibilización ambiental: Actividades centradas no respecto polo medio natural, a conservación da biodiversidade e a importancia dos espazos protexidos (educación ambiental aplicada, reciclaxe e papel artesanal).
🎒 Aprendizaxe real: Un achegamento a contextos reais que amplía os seus horizontes fóra da aula.
Unha xornada fantástica de aprendizaxe e respecto pola natureza! 🎒✨
🚌 Transporte financiado pola ANPA grazas á Deputación da Coruña. Grazas Cultura da Deputación da Coruña
ℹ️ Máis información na Abalar e na web do ANPA.
25/05/2026
📰 Visita ás instalacións de La Voz de Galicia (6º de Primaria)
O alumnado de 6º de Primaria ten unha cita co xornalismo profesional!
Realizarán unha saída ao polígono de Sabón (Arteixo) para coñecer de primeira man como funciona por dentro un medio de comunicación. 📝👀 A visita inclúe:
📰 A redacción: Un percorrido polas tg: Unha viaxe ao corazón do proceso para comprender como se imprimen os xornais.
Unha oportunidade perfecta para aprender como se constrúen as noticias antes de chegar ás nosas mans. 🚀
Transporte Financiado pola ANPA
grazas a Deputación da Coruña. 🚌 Cultura da Deputación da Coruña
21/05/2026
🌾 Mañá celebramos O Maio no cole! 🌸
Como ben sabedes, as familias estamos convidadas a participar nesta festa tan especial. Para que todo saia perfecto e desfrutemos ao máximo do evento, as familias poden acceder ao centro seguindo as indicacións facilitadas polo colexio. 🏫
📩 Por favor, lembrade revisar o mensaxe do colexio para comprobar todos os detalles organizativos antes de vir.
Contamos coa vosa presenza e colaboración! Moitas grazas. 🙌✨
13/05/2026
🎨 Creatividade e memoria: estampando o legado de Begoña Caamaño
Damos vida á obra de Begoña Caamaño a través da arte! O noso alumnado de 1º de Primaria participou nunha xornada de serigrafía e estampación artesanal dedicada á escritora, xornalista e activista homenaxeada nestas Letras Galegas 2026.
O que fixemos no obradoiro:
✅Deseño de selos: As nenas e nenos converteron o universo literario de Caamaño en símbolos visuais únicos.
✅Técnicas artesanais: Experimentaron con materiais seguros para dar forma a motivos que representan a nosa cultura.
✅Libretas personalizadas: Cada participante aplicou as súas creacións sobre soporte físico, xogando coa cor e a composición para levar un recordo único para a casa.
Esta actividade non só permitiu descubrir unha técnica creativa nova, senón que serviu para poñer en valor o legado de Begoña Caamaño dun xeito práctico e sensorial.
Actividade organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña. Grazas Cultura da Deputación da Coruña
Deixa o teu comentario e dinos que che parece o resultado destas obras de arte! 👇
🎨✨
12/05/2026
🎨 Letras Galegas con Arte: Obradoiro de Estampación
Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Primaria mergullarase no universo de Begoña Caamaño dun xeito moi especial: a través da serigrafía artesanal. 🖼️✍️
Nesta xornada creativa, os nenos e nenas:
🛠️ Experimentarán cos procesos básicos da serigrafía.
🖋️ Deseñarán o seu propio selo inspirado na obra da autora.
🌈 Estamparán en papel e téxtil, xogando coas cores e as formas.
Unha forma sensorial e significativa de conxugar literatura, identidade e artes plásticas. Porque a cultura tamén se crea coas mans! 🙌✨
Actividade organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña. Grazas Cultura da Deputación da Coruña